jueves, 21 de junio de 2018

MULLERES CON HISTORIA: SISSI

O alumnado de 6º elaborou uns LAPBOOK coa vida de Sissi, a princesa rebelde.



lunes, 14 de mayo de 2018

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este xoves 17 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas. Este ano adícase a María Victoria Moreno e desde o cole imos traballando sobre a súa personaxe e sobre os seus libros.

 

 
 
En cada nivel lemos un dos seus libros e despois elaboramos un dossier coas fichas que cada alumno completa cun debuxo e texto sobre o que mais lle chamou a atención do mesmo.
 
Infantil: E haberá tirón de orellas?
1º de Primaria: A Brétema.
2º de Primaria: Eu conto, ti cantas!
3º de Primaria: Mar adiante.
4º de Primaria: Leonardo e os fontaneiros.
5º de Primaria: Leonardo e os fontaneiros / Anagnórise
6º de Primaria: Anagnórise.

jueves, 10 de mayo de 2018

100 MULLERES NOS LIBROS

Pensamos que o mellor premio ao esforzó é o recoñecemento público e a propia satisfacción persoal. Por iso todo o alumnado que atopou a pista dunha muller nos 100 libros que tíñamos preparados, tivo a súa foto exposta nos corredoiros do cole. Bravo!

MULLERES CON HISTORIA

Unha nova personaxe apareceu na biblioteca do Princesa....Adiviña quen será?






sábado, 5 de mayo de 2018

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Este ano quixemos compartir o amor polos libros cos veciños de Verín. Para iso saímos á praza García Barbón a ler Don Quijote de la Mancha. Ao rematar agasallamos á xente que nos escoitaba cun marcapáxinas adicado a unha das mulleres con historia que estamos traballando este curso dentro do Proxecta Donas de si e en colaboración coa biblioteca escolar.

miércoles, 11 de abril de 2018

MALETA DA IGUALDADE

Todo o mes de abril temos na biblioteca a maleta da Igualdade. 40 libros para as titorías e o alumnado que nos farán reflexionar e profundizar sobre a importancia e necesidade da IGUALDADE

E aquí temos o resultado:




lunes, 2 de abril de 2018

MULLERES CON HISTORIA: ANA FRANK

O alumnado de 5º de Primaria xa vai moi avanzado no traballo de investigación sobre ANA FRANK