Mostrando entradas con la etiqueta M. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta M. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de mayo de 2018

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este xoves 17 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas. Este ano adícase a María Victoria Moreno e desde o cole imos traballando sobre a súa personaxe e sobre os seus libros.

 

 
 
En cada nivel lemos un dos seus libros e despois elaboramos un dossier coas fichas que cada alumno completa cun debuxo e texto sobre o que mais lle chamou a atención do mesmo.
 
Infantil: E haberá tirón de orellas?
1º de Primaria: A Brétema.
2º de Primaria: Eu conto, ti cantas!
3º de Primaria: Mar adiante.
4º de Primaria: Leonardo e os fontaneiros.
5º de Primaria: Leonardo e os fontaneiros / Anagnórise
6º de Primaria: Anagnórise.

jueves, 10 de mayo de 2018

100 MULLERES NOS LIBROS

Pensamos que o mellor premio ao esforzó é o recoñecemento público e a propia satisfacción persoal. Por iso todo o alumnado que atopou a pista dunha muller nos 100 libros que tíñamos preparados, tivo a súa foto exposta nos corredoiros do cole. Bravo!

miércoles, 11 de abril de 2018

MALETA DA IGUALDADE

Todo o mes de abril temos na biblioteca a maleta da Igualdade. 40 libros para as titorías e o alumnado que nos farán reflexionar e profundizar sobre a importancia e necesidade da IGUALDADE

E aquí temos o resultado:




martes, 27 de marzo de 2018

MULLERES CON HISTORIA: VALENTINA TERESHKOVA

O alumnado de 2º de Primaria investigamos sobre unha muller moi intelixente e moi valente. Debaixo da foto tedes un enlace á información máis importante sobre ela.


jueves, 22 de febrero de 2018

MULLERES NOS LIBROS II

Estamos preparando unha presentación coas solucións ás pistas que nos foi entregando o alumnado, polo momento colgamos estas fotos para que vaiades vendo o resultado...






lunes, 15 de enero de 2018

ÉXITO ROTUNDO DA ACTIVIDADE "MULLERES NOS LIBROS"

O alumnado non puido responder mellor...Formáronse colas para recoller unha pista, o libro correspondente e comezar a LER. Ánimo!






jueves, 11 de enero de 2018

11 de xaneiro DÍA DOS USUARIOS E USUARIAS DAS BIBLIOTECAS

Onte, 11 de xaneiro, desde a biblioteca e o PROXECTA "Donas de sí" tivemos una sorpresa...
Despois do recreo apareceron por todos os corredores do colexio 100 carteis con números e cores algo misteriosos...
Cando estábamos na hora de ler chegou unha carta a cada clase de ZAS, a mascota da biblio. E esto era o que nos dicía...












martes, 9 de enero de 2018

MULLERES CON HISTORIA: MALALA


         
                 MALALA, PREMIO NOBEL DA PAZ 2014

O alumnado de 1º de Primaria traballo sobre a personaxe de Malala... Moito aprenderon e moito se emocionaron cunha vida tan chea de fortaleza e valentía. Aquí está o seu traballo final: