lunes, 14 de mayo de 2018

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este xoves 17 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas. Este ano adícase a María Victoria Moreno e desde o cole imos traballando sobre a súa personaxe e sobre os seus libros.

 

 
 
En cada nivel lemos un dos seus libros e despois elaboramos un dossier coas fichas que cada alumno completa cun debuxo e texto sobre o que mais lle chamou a atención do mesmo.
 
Infantil: E haberá tirón de orellas?
1º de Primaria: A Brétema.
2º de Primaria: Eu conto, ti cantas!
3º de Primaria: Mar adiante.
4º de Primaria: Leonardo e os fontaneiros.
5º de Primaria: Leonardo e os fontaneiros / Anagnórise
6º de Primaria: Anagnórise.

No hay comentarios:

Publicar un comentario